lunes, 22 de abril de 2013

O soño da felicidade (II)

A felicidade. Ese ben tan prezado para o ser humano, ese obxectivo inalcanzable, a colma da existencia. Quen non quere ser feliz? Calquera, pero, que é ser feliz?
Na miña opinión como humana, ser feliz é percibir unha sensación de benestar completa. Segundo a Ciencia, este marabilloso sentimento ten a súa orixe na combinación de certas sustancias químicas chamadas neurotransmisores. Estes compostos actúan no cerebro e transmiten información dunhas neuronas a outras. Pero esto é Ciencia, algo que non se ve sempre no día a día. 

Que é a felicidade? Se cortamos o tempo físico [...] nun intre de plenitude imaxinaria no que se realizara o meirande anceio do ser, a felicidade sería un infinitésimo, un ente abstracto que tende a cero. A contradición vén de que, para percorrer axiña isa abscisa do tempo deica o límite, o ser entrégase ao abandono do irreal e soña que vive [...]  en vixía do nimbo dourado que trae o mencer. Iste anceio de acadar a plenitude inminente do ser que chamamos "felicidade", nace na conciencia cómplice, e por il o home deixaríase aniquilar.

A felicidade, pois, sería limitada, ou incluso inexistente. Soñamos que vivimos e que somos felices, no canto de vivir e ser felices, e seríamos capaces de todo con tal de ser felices.

É isto certo? 


Penso que así como ben é certo que a felicidade dura un ínfimo segundo, hai moitas maneiras de sentirse ben. Unha sorpresa no momento adecuado, un día de sol, unha canción que nos lembre algo agradable... Hai cousas que nos fan sentir ben a tod@s e outras máis ben son de cada un/ha, pero reflexionando baixo o sol da tarde, pensei que quizais a maior felicidade é a de sentir esperanza, posibilidade de futuro, a sensación de sentirnos vivos e che@s de enerxía, que nada nos poderá parar, nin a meirande das pedras no camiño. 

Así pois, volvendo á Ciencia, a pesar de que existen diversos fármacos que poden aumentar os niveles dos neurotransmisores e facernos sentir mellor, non hai nada coma a autorrealización, o pracer de sentirse ben con un/ha mesm@ e cos demais. 

Quizais a felicidade sexa "un ente abstracto que tende a cero", pero hai momentos nos que parece tender a infinito...




No hay comentarios:

Publicar un comentario