O diccionario da Real Academia Galega define o termo "estigma" como "marca que se gravaba antigamente cun ferro candente na testa ou noutra parte do corpo dos malfeitores ou dos escravos", ou "aquilo que mancha a honra ou a reputación de alguén".
Hoxe en día, na nosa sociedade, é máis común aplicar a segunda definición, pero existe. Como as meigas, habelas, hailas. Non é unha marca na pel nin é un sinal visible, pero é palpable e está aí. A sociedade sempre se encargou de ter un grupo meirande de aceptados e outro menor de marxinados, e neste último atópanse certas persoas que, por desgraza e sen teren culpa ningunha, son rexeitados polo que son.
Póñanse no caso, por exemplo, de que un individuo rompe unha perna ou un brazo. Se este suxeito vai pola rúa e precisa axuda, por educación (e un chisco de egoísmo por ser boas persoas, xa o dicía Kant) concédeselle sen problema, e o individuo en cuestión pode seguir o seu camiño grazas á axuda (des)interesada dos demais.
Agora ben, se esta persoa, por motivos alleos a si sofre unha patoloxía mental e pasa a tarde vendo ananiños sentado nun banco do parque, é un tipo perigoso. Se fala só e acena porque cre ver paxaros voando, hai que afastarse del.
E cal é a diferenza entre o do brazo roto e o que ten alucinacións? Que o primeiro, por circunstancias principalmente ambientais, sofre unha enfermidade visible e a sociedade axuda, mentres que o segundo, por motivos posiblemente xenéticos (que non pode decidir, cambiar, modificar ou corrixir) vese condenado a ser sinalado de por vida, sen solución.
As enfermidades mentais, así como outras orgánicas (coma o sida), son unha sentenza crónica. Que farían se souberan que esa veciña súa, esa agradable muller que sempre saudaba, vai ao psiquiatra e toma pílulas para non ver ananiños voando? Ou se ten hepatite C? E se tivese sida?
A sociedade ten, digamos, mecanismos protectores que aseguran a supervivencia da especie, e aquel individuo que ameace ese futuro, verase condenado ao ostracismo. Pero eu pregúntome: non presumimos de ser sapiens sapiens sapiens sapiens sapiens e ter unha mollera cheíña de neuronas que nos permiten razonar, calcular, comunicarnos, crear, imaxinar...? E como nós, a primeira -que se saiba- especie que chegou ao espazo, nos adicamos a rexeitar a suxeitos que sofren un illamento social só polo noso medo de "que non nos toque"?
Propoño un exercicio: poñernos no lugar dos "apestados" por un momento e ver como case todo o mundo foxe de nós, asustados por medo a un posible contaxio que pode non chegar a ocorrer nunca, mentres nos apuntan co seu dedo índice, marcando en nós un estigma invisible, que nos sinalará toda a vida sen remedio.

E se fose vostede @ que sufrise alucinacións ou estivese contaxiado por un virus?
Como se sentiría se os demais non o aceptasen?
A sociedade ten, digamos, mecanismos protectores que aseguran a supervivencia da especie, e aquel individuo que ameace ese futuro, verase condenado ao ostracismo. Pero eu pregúntome: non presumimos de ser sapiens sapiens sapiens sapiens sapiens e ter unha mollera cheíña de neuronas que nos permiten razonar, calcular, comunicarnos, crear, imaxinar...? E como nós, a primeira -que se saiba- especie que chegou ao espazo, nos adicamos a rexeitar a suxeitos que sofren un illamento social só polo noso medo de "que non nos toque"?
Propoño un exercicio: poñernos no lugar dos "apestados" por un momento e ver como case todo o mundo foxe de nós, asustados por medo a un posible contaxio que pode non chegar a ocorrer nunca, mentres nos apuntan co seu dedo índice, marcando en nós un estigma invisible, que nos sinalará toda a vida sen remedio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario